Submitted by martin on Lun, 06/10/2019 - 10:19

Atención!. Só un usuario con perfil de administrador pode crear taxonomías

Drupal empregas as taxonomías como unha maneira de clasificar a información. As taxonomías están formadas por palabras que configuran o vocabulario, e estas formadas por termos.

No caso do ensino, cando un docente quere subir contido debe de facelo na parte da páxina web que se corresponde coa súa área. Neste caso teríanos na configuración de taxonomías, o vocabulario: departamento, e este a súa vez formados polos termos: matemáticas, tecnoloxía, música, etc.

Entón cando se crea unha páxina, se seleccinamos nas categorías o departamento de física, automáticamente vincula esta páxina a física. Se no menú pinchamos en física, o drupal filtra tódalas páxinas que teñan a categoría física, que non é máis que un termo do vocabulario departamento.

Vamos cun exemplo!.

1.- En primeiro lugar creamos un menú Departamentos. Este menú situarémolo á deireita da páxina.

Para iso Clic en Administrar > Construción do sitio > menús

Creamos un menú chamado departamentos, con título Departamentos. Gardamos e non agregaremos ningún elemento

Seguidamente vamos á administración de bloques, e situamos o bloque Departamentos no lateral dereito. Veremos que só aparece Departamentos, e o título do bloque tamén chamado Departamentos.

 

2.- Clic en Administrar > administración de contidos > taxonomías

3.- Clic en engadir vocabulario

4.- Creamos a taxonomía Departamentos

 

  • En axustes non seleccionamos nada
  • En taxonomy menu, escollemos Departamentos na casilla Menú location

  • En options non tocamos nada.

  • Gardamos

5.- Pinchamos en taxonomia > lista e agregamos termos

6.- Agregamos os termos: matemáticas, galego, música e tecnoloxía. Quedando deste xeito:

 

7.- Se pinchamos no logotipo, por exemplo, podemos observar que o bloque Departamentos xa está actualizado, con tódolos termos que engadimos.