Submitted by martin on Lun, 06/10/2019 - 10:35

¿Pero que é un bloque? . Son os cadrados que están normalmente a ambos marxes da páxina, que conteñen as páxinas do espazo web: Departamentos, Profesores, etc

¿Para que serve?. A súa utilidade habitual é recoller dunha maneira organizada os enlaces ás distintas páxinas da web. Ven a ser como o índice. Pero tamén podemos poñer imaxes, textos, etc.

 

Exemplos:

 

1.- Clic en Administrar > Construción do sitio > bloques

2.- Preme en engadir bloque

3.- Cumprimentamos as caixas de texto:

Descripción do bloque: A economía azul

Título do bloque: <none>  (empregaos none para que non teña un título o bloque)

 

4.- Abrimos outra lapela do navegador dirixímonos o seguinte enderezo:  http://en.wikipedia.org/wiki/File:Earth_Eastern_Hemisphere.jpg

Descargamos a imaxe 240x240 pixeles

5.- Inserímola no bloque. Para iso debemos de pinchar en imaxe

 

6.- Procuramos a imaxe (en principio debe de estar en descargas, salvo que se configurara doutro xeito o Firefox). E inserímola, centrada.

7.- No pé da páxina debemos de poñer a licencia da imaxe, en Arial 12, cursiva e cor azul.

NASA Blue Marble of Eastern Hemisphere

AUTOR: NASA - Dominio público

 

8.- Clic en gardar bloque

9.- Configuramos en que lado para nosa web queremos que sexa visible o bloque. Vamos a insertalo no lado esquedo, na parte de arriba. Para iso vamos a Bloques > Lista

Así seleccionamos que quede no lateral esquerdo da páxina

Agora só falta arrastrar o bloque creado ó principio da lista. Se quixeranos que quedar embaixo da columna, só teríanos que arrastrar ata o final

 

RESULTADO


 

Posible incidencia. Se despois de facer todo o proceso non queda visible a imaxe é debido a que no "formato de entrada", temos seleccionado  Filtered html, en vez de Full html