Submitted by martin on Lun, 06/10/2019 - 10:39

 

Neste apartado crearemos a estrutura enlaces ós exercicios da sesión. Posteriormente creamos un bloque no cal inserimos o menú previamente creado.

 

1.- Vamos a Administrar > construción du sitio > menus

Nome do menú: curso

Título: prácticas

2.- Clic en Gardar e seguidamente Engadir elemento.

3.- Creamos un elemento:

 

Ruta: node/add (de momento non enlaza con ningunha páxina, pois aínda non a temos creada)

Título: 1.- Práctica 01

Elemento ascendente: <prácticas>

Peso: 0

 

 

4.- Repetimos o proceso ata chegar á Práctica 05. A medida que vaiamos engadindo novos elementos, vamos incrementándolle o peso (canto máis peso teña máis abaixo quedará no menú). Tamén temos a posibiliade de darlles a todo peso 0 e despois ordenalos de maneira manual, arrastrando.

 

 

5.- Creamos un bloque, como no apartado Preliminar 1. Administrar > Construción do sitio > Bloques > lista bloques

Se nos fixamos, temos que ter un bloque no apartado de desactivados co nome que lle demos ó menú, creados nos pasos anteriores "prácticas" (apartado 1)

 

 

6.- Agora só queda situalo na parte dereita, embaixo do bloque creado no apartado Preliminar 1 (o globo terráqueo)

 

RESULTADO