Reducir o tamaño dun pdf. Unir e quitar varias follas

Submitted by martin on Lun, 06/10/2019 - 18:44
ghostscript

Instalamos ghostscript e gsfonts

sudo apt-get install ghostscript gsfonts

En función da calidade que queiramos obter, podemos escoller entre as seguintes opcións, de menor a maior calidade: screen, default, ebook, printer e prepress

A instrución queda do seguinte modo coa calidade screen:

gs -sDEVICE=pdfwrite -dCompatibilityLevel=1.4 -dPDFSETTINGS=/screen -dNOPAUSE -dQUIET -dBATCH -sOutputFile=pdfreducido.pdf pdforixinal.pdf

Se o quixéramos con calidade ebook, que ao meu entender é a opción máis razoable para manter o equilibrio entre calidade e peso:

gs -sDEVICE=pdfwrite -dCompatibilityLevel=1.4 -dPDFSETTINGS=/ebook -dNOPAUSE -dQUIET -dBATCH -sOutputFile=pdfreducido.pdf pdforixinal.pdf

Para xuntar varios pdf, empregamos o pdftk. Podemos instalalo do seguinte xeito:

sudo apt-get install pdftk

A orde sería a seguinte:

pdftk ficheiro1.pdf ficheiro2.pdf cat output documento.pdf

E por último para eliminar páxinas dun documento pdf:

No primeiro exemplo eliminamos a páxina 7 do documento ficheiro1.pdf

pdftk ficheiro1.pdf cat 1-6 8-end output documento.pdf

No seguinte exemplo queremos só a páxina 7

pdftk ficheiro2.pdf cat 7-7 output documento.pdf

 

Embeber un ficheiro PDF

Submitted by martin on Lun, 06/10/2019 - 09:46

En moitas ocasións interésanos xuntar á nosa unidade didáctica un ficheiro pdf. Podemos seguir os seguintes pasos.

 

1.- Descarga o seguinte ficheiro pdf. É un artigo publicado na páxina ecosistemaurbano.org, licenciado con creative commons.

ecosistemaurbano.pdf

2.- Creamos unha nova páxina e vinculámola ó práctica 03 do menú creado no Preliminar 3 de exercicios. Como título da páxina escribimos: Sistemas económicos inspirados en ecosistemas naturais.

3.-  Unha vez creada a páxina dirixímonos ó apartado de ficheiros adxuntos. Procuramos o ficheiros ecosistemaubano.pdf, que descargamos no paso nº1 e xuntámolo á páxina.

 

Deixamos activado o check de lista, para que os visitantes da páxina podan descargar o ficheiro. Pero ademais, vamos a embeber o pdf, para que saia despregado na páxina. Para iso vamos empregar código html.

 

4.- clic en html

5.-  Pegamos o seguinte código html

<iframe src="sites/default/files/ecosistemaurbano.pdf" height="850" width="100%"></iframe>

 

Pero ¿de onde sacamos o enderezo sites/default/files/ecosistemaurbano.pdf?. Fíxate no apartado de ficheiros adxuntos:

 

Pero, neste caso o nome da máquina no que teño a páxina é localhost, pero logo subireino a atio.es, ou a calquera outro sitio. Se copio a URL só funcionará nese equipo en concreto, pero ó mover a páxina a outro equipo, deixará de funcionar. Por iso é conveniente empregar direccións relativas, nas que só sinalamos o enderezo das sucesivas carpetas nas cales queda subido o ficheiro pdf.

   

RESULTADO


 

Sen emgargo, se abrimos a páxina desde o navegador do móbil Android, o pdf descargarase automaticamente, pero non se visualizará correctamente na pantalla. Se queremos visualizalo correctamente tanto no navegador como na pantalla do móbil, podemos empregar os servizo de Google, a través do seguinte código:

<iframe src="https://docs.google.com/viewer?url=http://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/system/files/calendarioabau18.pdf&embedded=true"  style="width:100%; height:500px;" frameborder="0"></iframe>

 

 

 

Subscribe to pdf